Usuario:Xosedaflor/Taller

De Wikipedia, la enciclopedia libre

Daveiga[editar]

A sociedade Lugar da Veiga S.L.L. constitúese en xaneiro de 2005 para pór en marcha o proxecto empresarial “Daveiga, produción responsable” que ten como principal eixo a produción das Galletas Mariñeiras®.

Historia[editar]

A execución do proxecto técnico das instalacións remata en outubro de 2005, pasando logo á fase de desenvolvemento do produto que dura até xuño de 2006, data na que se presenta o produto no mercado.

O seu centro de produción encóntrase asentado no Polígono Industrial “Os acivros” en Chantada, Lugo, e dispón dunha superficie útil de 1.200 metros cadrados, a piques de ampliárense, e unha capacidade de produción de até 3000 kg. de galletas mariñeiras por día.

As Galletas Mariñeiras®[editar]

As Galletas Mariñeiras están indicadas para comer soas ou acompañadas en canapés doces e salgados

As Galletas Mariñeiras® son unha adaptación moderna do “Pan de Barco ou Biscoito de Barco”, unha solución antiquísima dos mariñeiros para conservar o pan nas longas travesías oceánicas de forma natural. Chegaron a América nas diferentes expedicións mariñas e introducíronse na dieta habitual da poboación de moitos deses países.

Coas Galletas Mariñeiras®, Daveiga ofrece un produto de panadería de longa duración, similar ás crackers, cuxo sabor neutro e resistencia á absorción da humidade lle permiten que non se abranden co paso das horas, razón que as fai especiais para a elaboración de canapés combinados con doce ou salgado.

Calidade e diferenciación[editar]

As Galletas Mariñeiras® son un produto cun proceso de elaboración semi-artesanal utilizando materias primas naturais, cuxas características físicas, sensoriais e organolépticas o diferencian doutros produtos presentes no mercado.

  • Produto natural: aposta pola utilización de materias primas naturais e de calidade. Rexéitase a utilización de aditivos, saborizantes, colorantes e conservantes artificiais.
  • Presentación: forma ondulada orixinal e diferente doutras crackers.
  • Textura e crocantez: isto tradúcese nunha sensación moi agradable ao mastigar o produto.
  • Resistencia á absorción da humidade: O proceso de elaboración e a súa composición aseguran unha alta resistencia á absorción da humidade, aspecto a destacar para a elaboración de petiscos ou canapés.
  • Sabor neutro: a pesar de levar manteiga de leite ou aceite de oliva virxe extra o sabor destes non predomina, o que facilita a súa maridaxe con doce ou salgado, e ao mesmo tempo teñen un gusto moi exquisito degustándoas soas.
  • Facilidade de uso: a súa forma e consistencia facilitan o seu uso á hora de facer petiscos ou canapés.
  • Dixestibilidade: son facilmente asimilables polos fluídos gástricos grazas aos produtos cos que son elaboradas, polo tanto, son moi recomendables para o consumo en nenos, persoas maiores ou con problemas de acidez no estómago.
  • Longa duración: o proceso de elaboración e a súa composición permiten garantir unha vida útil, natural, do produto de máis de 8 meses, tempo durante o cal conservan todo o seu sabor e textura.  

Innovación, xestión da calidade e responsabilidade social da empresa[editar]

-Innovación: Daveiga centrouse no desenvolvemento dunha nova categoría de produto, inexistente no mercado, a Galleta Mariñeira.

A Galleta Mariñeira ten un alto grao de diferenciación como para non competir directamente con grandes grupos do sector especializados na elaboración de variedades de pans especiais ou galletas, polo que Daveiga céntrase nun nicho de mercado no que apenas ten competidores directos e cun grande potencial de mercado.

-Xestión da calidade: Como segundo piar da súa estratexia LUGAR DA VEIGA puxo en marcha un Sistema Integrado da Xestión da Calidade, Medio Ambiente e Seguridade Alimentaria que incorpora as certificacións: ISO 9001, ISO 14001, ISO 22000 e IFS. Certificado por AENOR por 3º ano consecutivo, converténdose nunha empresa referente, neste ámbito, en Galicia (Premio Líder en Calidade 2012 no sector da agroindustria).

-Responsabilidade social: dando lugar á propia definición da marca comercial “DAVEIGA produción responsable”, destacando entre outros o seu compromiso coa responsabilidade laboral. Trátase dun proxecto empresarial controlado e participado polos traballadores e traballadoras e comprometido co desenvolvemento local e a economía social. Isto tradúcese en:

  • Todos os traballadores e traballadoras, con posto de traballo consolidado, teñen a opción de facerse socios/as da empresa.
  • Prioridade absoluta á contratación estable.
  • Implantación da xornada continua.
  • Posibilidade de redución voluntaria da xornada de traballo e excedencias temporais.
  • Prioridade absoluta na seguridade e condicións do posto de traballo.
  • Participación na toma de decisións relacionadas coa organización da produción e nas diferentes liñas estratéxicas da empresa.
  • Fomento da utilización conxunta do transporte dende o domicilio ao centro de traballo.
  • Conciliación do traballo coa familia: redución voluntaria da xornada laboral, flexibilidade horaria, teletraballo, permisos, etc...

Desde Daveiga tamén se defende o desenvolvemento rural e local ao apostar por un proxecto intensivo en man de obra e a preferencia por materias primas procedentes ou transformadas no noso contorno máis próximo: a gran maioría das materias primas é elaborada ou transformada en Galicia: fariña, manteiga, algas, etc..

Premios e recoñecementos[editar]

  1. Premio á excelencia empresarial no IV Concurso Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal organizado pola fundación Ceo de Ourense.
  2. Mención en el XXII Concurso de Innovación Tecnolóxica celebrado na XXXI edición da Feira Internacional da Semana Verde de Galicia celebrada en novembro de 2008.
  3. Distinguidas cunha estrela polo International Taste & Quality Institute (iTQi), Bruxelas abril de 2009. Outorgada por un panel de cata internacional composto por chefs de máis de 12 países.
  4. Premio sabor del año 2010. Madrid, novembro 2009. Un panel de cata composto por 120 consumidores outorgoulle a puntuación máis alta da categoría "Crackers, galletas salgadas e similares".
  5. Premio “Líder en calidade industrias agroalimentarias” Galicia 2012. Premio organizado por Expoourense e Galicia Calidade. Daveiga foi proposta como candidata polo Comité técnico do premio (no que participan técnicos de Aenor, Expoourense e Galicia Calidade).
  6. Premios “Producto del año”. Edición 2016 premios Cantábrico excelente.